Leva a tecnoloxía ao teu colexio ou ANPA

Actividades extraescolares de robótica, programación de videoxogos e reforzo tecnolóxico, cun método probado e adaptado a cada idade. Actualmente en Lalín e arredores.

Unha actividade sen complicacións para o teu centro

Unha actividade sen complicacións para o teu centro

Encargámonos do material, os docentes e a metodoloxía. Ti só ofreces ás túas familias unha actividade que combina diversión e aprendizaxe.

Que che ofrecemos?


Grupos reducidos

Máximo 10 estudantes por grupo, para que cada neno reciba atención real dentro do teu centro.

Sen carga de xestión

Nós levamos o material, os docentes e a metodoloxía. Ti só coordinas o espazo e gozas dos resultados.

Metodoloxía probada

Máis de 10 anos traballando con colexios e ANPAs en Galicia, cun método xa testado con éxito en decenas de centros.

Chámanos ao 622 874 434 para consultar dispoñibilidade

Para colexios

Para colexios

Integramos a actividade no teu horario e espazo, con docentes especializados e unha metodoloxía pensada para complementar o currículo. Unha proposta de valor engadido para o teu centro que deixará a pais e nenos coa boca aberta.

Para ANPAS

Para ANPAS

Ofrecemos ás familias unha actividade de calidade, con prazas e horarios flexibles segundo a demanda de cada curso. Coordinámonos directamente convosco para que a organización sexa sinxela.

Para particulares

Para particulares

Se che interesa algunha das nosas actividades para o teu fillo ou filla, pero o teu colexio non as ofrece, contacta connosco e tentaremos incluílo noutro grupo ou formar un novo.

Esta web utiliza cookies de terceiros para obter datos estadísticos da navegación dos usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Máis información