Quen somos?

Somos o equipo que achega a robótica, a programación e o pensamento computacional ao teu centro, a túa ANPA ou a túa familia, con máis dunha década de experiencia en Galicia.

A nosa misión

A nosa misión

Achegar a robótica, a programación e o pensamento computacional a nenos, adolescentes e adultos, cunha formación práctica, accesible e de calidade, tanto nos centros escolares como na nosa academia de Vigo.

Os nosos valores

Os nosos valores

· Proximidade: Coñecémonos polo noso nome, non por un número de lista. Os grupos reducidos son a forma en que de verdade nos aseguramos de que ninguén quede atrás.

· Mellora continua: Aplicamos a experiencia de máis de 10 anos vendo medrar aos nosos alumnos para que cada curso sexa mellor que o anterior.

· Adaptación: Non hai dous alumnos iguais, así que tampouco hai un único camiño. Axustamos o ritmo, o reto e o material a cada persoa, aínda que estean a traballar co mesmo.

· Innovación: A tecnoloxía non queda quieta. Por iso seguimos aprendendo, probando e actualizando o que ensinamos para que siga tendo sentido hoxe.

· Compromiso educativo: Non estamos só para encher unha hora. Impórtanos que o aprendido quede, e acompañamos ese proceso.

Esta web utiliza cookies de terceiros para obter datos estadísticos da navegación dos usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Máis información