Aprende tecnoloxía e robótica coas túas propias mans

Descubre a academia de formación tecnolóxica e actividades extraescolares onde aprenderás a desenvolverte con habilidade no mundo da robótica, a programación e a tecnoloxía.

 Para nenos, adolescentes e adultos

Para nenos, adolescentes e adultos

Máis de 10 anos de experiencia traballando con colexios, ANPAs e familias avala a nosa forma de ensinar: próxima, práctica e sempre en grupos reducidos.

Extraescolares en Lalín e arredores

Levamos a robótica, a programación de videoxogos e outras actividades tecnolóxicas ao teu colexio ou ANPA, cun método probado e adaptado a cada idade.

Ver máis

Academia en Vigo

Cursos presenciais, campamentos e clases de reforzo en robótica, programación e videoxogos, en grupos reducidos e cun método pensado para cada nivel. Na nosa academia física de Vigo.

Ver máis

TEKNEA

Estas son as nosas actividades

Robótica educativa

Aprenderás a montar e programar os teus propios robots, entendendo como funciona a tecnoloxía que usas cada día.

Programación de videoxogos

Crearás o teu propio videoxogo desde cero e aprenderás a programar de verdade, non só a xogar.

Outras tecnoloxías: IA

Descubrirás intelixencia artificial e outras contornas como Unity ou Unreal, con criterio propio e sen depender de atallos.

Reforzo de ciclos de informática

Reforzarás programación, seguridade informática e redes con apoio personalizado para aprobar o teu ciclo con seguridade.

Reforzo de ciclos de administrativo

Dominarás a ofimática que necesitas para superar o teu ciclo de administración e xestión sen abafos.

Reforzo escolar

Mellorarás en matemáticas e ciencias con acompañamento próximo, adaptado ao teu ritmo e as túas dificultades.

Informática básica

Gañarás autonomía co computador e a tecnoloxía, sen importar a túa idade nin o teu punto de partida.

Campamentos de tecnoloxía

Vivirás unha experiencia intensiva de robótica, programación e ciencia que fará que o verán se che quede curto.

Que opinan de nós?

Queres ver todo o que podes aprender en Teknea?

Descubre en detalle cada unha das nosas actividades, os seus contidos e a que idades están dirixidas.

Digitalizadores

Esta web utiliza cookies de terceiros para obter datos estadísticos da navegación dos usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Máis información